jueves, 7 de junio de 2012

Manifestación do 12X

Chamamos ó estudantado a respaldar a manifestación en protesta pola represión policial sufrida por compañeirxs o pasado día 30 de Maio, represión que fai patente o medo do capital á mobilización estudiantil, por ser esta preludio dunha revolución obreira inevitable que acabará coa súa hexemonía para instaurar unha nova orde de liberdade, igualdade e solidariedade. O sistema que nos desaloxou con violencia é o mesmo que ten hoxe a todo o estudantado competindo entre si, fomentando a insolIdariedade como dogma, e a exclusión das clases populares coa elitización económica do ensino.
As reivindicacións que nos levaron a ocupar a biblioteca son as mesmas que encherán as rúas de estudantes, facendo patente a nosa xenreira contra esta destrucción das nosas expectativas personais e laborais, destrucción que nos mostra que a solución esta fora do capitalismo. O sistema colleitou violencia física e estrutural, e recollerá revoltas.
Por iso imos sair a rúa a defender de novo o noso manifesto que se concreta nos seguintes puntos:
1. Consideramos que a existencia de centros educativos privados e relixiosos é totalmente antidemocrático e representa un lastre cultural, ademais de ser incongruente co paradigma científico actual e coa realidade social do momento. Polo tanto, a única solución é a existencia exclusiva dunha educación universal , gratuíta e democrática.
2. Esiximos un cambio no modelo educativo na cuestión de xénero, que se concrete na non invisibilización do papel da muller nos ámbitos histórico, científico e económico. A abolición do patriarcado empeza na educación.
3. Sendo conscientes da humillante situación de diglosia, esiximos que todas as materias agora impartidas en castelán sexan en galego , co obxectivo de chegar ó monolingüismo social en galego.
4. Rexeitamos categóricamente a incursión dos mercados en asuntos educativos, e esiximos a implantación dun sistema educativo humanista e ecléctico, destinada á formación integral do individuo e non a súa conversión en mercadoria nin á súa deshumanización.
5. Por último, considerando que a importancia da educación é máxima, denunciamos a preponderancia de gastos secundarios (militar, casa real, igrexa) sobre ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario