martes, 5 de junio de 2012

Convocatoria para a manifestación do 12X


As organizacións que conformamos Pecheourense chamamos a todxs á manifestació do día 12 de Xuño en contra da represión policial e do roubo a man armada do coñecemento enxendrado polo pobo dende hai séculos. O pasado día 30 de Mayo, as forzas represoras do Estado, facendo uso da violencia, impedironnos por en práctica a ocupación pacífica da Biblioteca, que tiña por fin denunciar o modelo educativo capitalista. Pero o vindeiro martes non poderán evitar que tomemos a rúa , que é nosa, ó igual que a cultura que nos rouban, e que algún día volverá a ser patrimonio común.
As masas poplulares estamos xa fartas deste despotismo estatal que se fai sempre patente con violencia. A violación dos nosos dereitos non quedará impune. A coerción estatal é incompatible coa democracia. Agora mais que nunca é o momento de tomar ese poder na rúa. O poder do pobo.
O día do 12 de Xuño é a oportunidade para que a clase traballadora comece a mobilizarse en torno a un obxectivo común: Acabar coa violencia estatal.
Sal á rúa! Une a túa gorxa á nosa! Berra para que sexa patente que non se pode silenciar ao pobo con porrazos!
Organízate e loita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario