miércoles, 6 de junio de 2012

Acta asemblea 4-6-12

 1.0Comisión Organización
      1.1Farase un calendario para programar documentais, películas, charlas, etc..
      1.2Proponse invertir a ruta da manifestación para comezaren na Biblioteca Nodal e rematar no Edificio de Ferro levando a cabo unha Asemblea na chegada a dito edificio. Apróbase a proposta por consenso.
      1.3Haberá que cambiar a redacción dos panfletos dado este cambio na ruta.
2.0Comisión Comunicación
2.1Coméntase un faio na comunicación no ámbito da difusión entre a xente.
2.2Xa está feito o blog de Peche Ourense do que quedara encargado Abejorro: PecheOurense.blogspot.com
Dise de quen teña fotos do peche que as envíe ó correo de PecheOurense para subilas ó blog.
2.3Hai que facer un cartaz co nome de peche ourense e difundilo polas bibliotecas da universidade e Nodal e na Casa da Xuventude
2.4 Procédese a ler as consignas e lemas propostas.
2.5Quédase en falar con CCOO para imprimir carteis
2.6 Proponse utilizar as letras de Castelao nas faixas e demais materiais do PecheOurense. Apróbase por consenso.

3.0 Comisión de Redacción
3.1 Lese a chamada á manifestación do martes 12 de xuño e redáctanse enmendas de esta.
Enmendas:

-Substituír “cambiar o modelo educativo actual” por “modelo educativo capitalista”: aprobado por consenso.
-Cambiar “Estado” por “Estado Imperialista Español (EIE)”
·A favor de cambialo: 4 ·En contra de cambialo: 14 ·A favor de cambialo por EIE:2 ·Abstencións: 3

-Engadir a “ocupación da biblioteca” “ocupación pacífica”
Aprobada por consenso

-Cambiar a palabra repetida varias veces “pobo” por “clase traballadora”: Aprobada por consenso
Logo de cambiar e engadir varias correccións procédese a ler o texto xa corrixido.

3.2Vótanse os lemas propostos nunha ronda de un voto por persoa e gaña: A mocidade revolucionaria en contra do capitalismo

4.0 Comisión de Formación


4.1Quédase en facer unha mesa redonda con responsables de sindicatos CUT, CIG, UXT, CNT, CCOO e CXT dándoselles un tema para falar. O tema elixido é “Mocidade como potencia revolucionaria” (aprobada por consenso) Esta mesa redonda levarase a cabo o luns 11 a unha hora que se contrastará nos próximos días.
5.0Finanzas:

5.1 Farase un bote común para comprar material

No hay comentarios:

Publicar un comentario