jueves, 14 de junio de 2012

Acta asemblea 12-6-12


  1. Proposta de puntos para a orde do día. Os puntos propostos son:
  • Análise da xornada de hoxe (manifestación e preparación da mesma)
  • Valoración da xornada de onte (charla-coloquio cos sindicatos)
  • Continuidade do peche
  • Análise crítica ao movemento asociativo ourensá
  1. Análise da xornada de hoxe
Por un lado a análise centrase na critica aos días previos á manifestación, ao escaso traballo de difusión, á pouca preparación, ou preparación a última hora da propia manifestación. Desto concluímos que esta falta de traballo deu un seguemento mínimo á nosa convocatoria.
Por outra parte recollense intervencións críticas sobre as consignas dentro da manifestación, accións violentas non planificadas e a improvisación dentro da mesma. Deste xeito, tamen hai palabras a favor e valorando moi positivamente todo o ocorrido na acción, fálase dun ambiente moi combativo e enérxico que supliu a falta de xente na convocatroria.
  1. Valoración da xornada de onte
Outra vez a falta de traballo previo, difusión e propaganda, é unha máxima ao entrar a valorar. Sen embargo, hai opinións que din que non se notou en exceso, que había xente suficiente e o debate foi rico en contidos e en diversidade de opinións.
  1. Continuidade do peche
Tras un longo debate, con palabras a favor e en contra de continúar có peche, pásase a unha primeira votación. O resultado da mesma é:
  • A favor de continúar có peche: 19 votos
  • En contra de continúar co peche: 19 votos
  • Abstencións: 19 votos
Tendo en conta o resultado da votación, decídese abrir un turno de plabras pechado, de cara a volver agrumentar as posturas e pasar de novo a votación. O resultado da segunda votación é:
  • A favor de continúar có peche: 26
  • En contra de continúar có peche: 19
  • Abstencións: 12
  1. Vendo que a maioria da asemblea apostaba por manter o peche, cambiouse o último punto da orde do día por outro que fora: Planificación de traballo.
Hai diferentes propostas, pero que quedan sen concretar, entre elas:
  • Realizar unha acción no pleno municipal
  • Xornada de análise e plantexamento de obxetivos para o peche.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario