jueves, 14 de junio de 2012

Acta asemblea 12-6-12


  1. Proposta de puntos para a orde do día. Os puntos propostos son:
  • Análise da xornada de hoxe (manifestación e preparación da mesma)
  • Valoración da xornada de onte (charla-coloquio cos sindicatos)
  • Continuidade do peche
  • Análise crítica ao movemento asociativo ourensá
  1. Análise da xornada de hoxe
Por un lado a análise centrase na critica aos días previos á manifestación, ao escaso traballo de difusión, á pouca preparación, ou preparación a última hora da propia manifestación. Desto concluímos que esta falta de traballo deu un seguemento mínimo á nosa convocatoria.
Por outra parte recollense intervencións críticas sobre as consignas dentro da manifestación, accións violentas non planificadas e a improvisación dentro da mesma. Deste xeito, tamen hai palabras a favor e valorando moi positivamente todo o ocorrido na acción, fálase dun ambiente moi combativo e enérxico que supliu a falta de xente na convocatroria.
  1. Valoración da xornada de onte
Outra vez a falta de traballo previo, difusión e propaganda, é unha máxima ao entrar a valorar. Sen embargo, hai opinións que din que non se notou en exceso, que había xente suficiente e o debate foi rico en contidos e en diversidade de opinións.
  1. Continuidade do peche
Tras un longo debate, con palabras a favor e en contra de continúar có peche, pásase a unha primeira votación. O resultado da mesma é:
  • A favor de continúar có peche: 19 votos
  • En contra de continúar co peche: 19 votos
  • Abstencións: 19 votos
Tendo en conta o resultado da votación, decídese abrir un turno de plabras pechado, de cara a volver agrumentar as posturas e pasar de novo a votación. O resultado da segunda votación é:
  • A favor de continúar có peche: 26
  • En contra de continúar có peche: 19
  • Abstencións: 12
  1. Vendo que a maioria da asemblea apostaba por manter o peche, cambiouse o último punto da orde do día por outro que fora: Planificación de traballo.
Hai diferentes propostas, pero que quedan sen concretar, entre elas:
  • Realizar unha acción no pleno municipal
  • Xornada de análise e plantexamento de obxetivos para o peche.   

domingo, 10 de junio de 2012

A mocidade como potencia revolucionaria


Palestra dos sindicatos CUT (CUT-MOCIDADE) CIG UGT CNT CGT CCOO organizada polo #pecheourense sobre o futuro da mocidade como potencia revolucionaria mañá luns 11 ás 20h no Edificio de Ferro do campus de Ourense 

jueves, 7 de junio de 2012

Manifestación do 12X

Chamamos ó estudantado a respaldar a manifestación en protesta pola represión policial sufrida por compañeirxs o pasado día 30 de Maio, represión que fai patente o medo do capital á mobilización estudiantil, por ser esta preludio dunha revolución obreira inevitable que acabará coa súa hexemonía para instaurar unha nova orde de liberdade, igualdade e solidariedade. O sistema que nos desaloxou con violencia é o mesmo que ten hoxe a todo o estudantado competindo entre si, fomentando a insolIdariedade como dogma, e a exclusión das clases populares coa elitización económica do ensino.
As reivindicacións que nos levaron a ocupar a biblioteca son as mesmas que encherán as rúas de estudantes, facendo patente a nosa xenreira contra esta destrucción das nosas expectativas personais e laborais, destrucción que nos mostra que a solución esta fora do capitalismo. O sistema colleitou violencia física e estrutural, e recollerá revoltas.
Por iso imos sair a rúa a defender de novo o noso manifesto que se concreta nos seguintes puntos:
1. Consideramos que a existencia de centros educativos privados e relixiosos é totalmente antidemocrático e representa un lastre cultural, ademais de ser incongruente co paradigma científico actual e coa realidade social do momento. Polo tanto, a única solución é a existencia exclusiva dunha educación universal , gratuíta e democrática.
2. Esiximos un cambio no modelo educativo na cuestión de xénero, que se concrete na non invisibilización do papel da muller nos ámbitos histórico, científico e económico. A abolición do patriarcado empeza na educación.
3. Sendo conscientes da humillante situación de diglosia, esiximos que todas as materias agora impartidas en castelán sexan en galego , co obxectivo de chegar ó monolingüismo social en galego.
4. Rexeitamos categóricamente a incursión dos mercados en asuntos educativos, e esiximos a implantación dun sistema educativo humanista e ecléctico, destinada á formación integral do individuo e non a súa conversión en mercadoria nin á súa deshumanización.
5. Por último, considerando que a importancia da educación é máxima, denunciamos a preponderancia de gastos secundarios (militar, casa real, igrexa) sobre ela.

Acta asemblea 6-6-12

- Aprobouse a acta do día anterior
-Falouse de deixar a facultade: Quedouse en decidir máis adiante problablemente despois da manifestación ou actividades.
-Obxetivo aumentar a difusión:
-Aprobouse a creación da comisión de propaganda e axitación, que a formaran Lucía, Guille, Antía, Jaime, Berta, Alex e Dani
-Aprobouse por consenso tomar o edificio
-Aprobouse por consenso facer unha sentada no concello
O pleno son os días - Último venres do mes
- Primeiro venres do mes ( xa pasou)

miércoles, 6 de junio de 2012

Acta asemblea 5-6-12


        1.0Comisión de Organización
-Haberá que levantarse o mércores 6 antes das 8h para recoller todo antes de que cheguen os alumnos
-Quédase en repartir os panfletos maquetados por Nico pola mañá despois dos exámes de selectividade. Haberá que facer grupos para repartirse polas facultades.
-Quedan 8 persoas para repartir os 600 panfletos pola mañá
-Probablemente haxa unha folga xeral o 20 de xuño
-Queda por falar o punto de cómo ir á folga xeral (se se vai como pecheourense ou como organizacións independentes)

      2.0Comisión de Comunicación
-O acto do luns queda posto para ás 20h

      3.0Comisión de Redacción
-Redactaráse un lema para unha faixa que se colgará no parque de san lázaro
-Quédase en facer unhas cartulinas para “recibir” aos alumnos que asistan ao selectivo.

      4.0Comisión de Formación
-Unha antropóloga que sufriu forte represión policial en madrid quere dar unha charla sobre a sua experiencia.
-O delegado provincial de UXT ofreceuse para dar unha charla
-Confirmouse para a mesa redonda un representante da CUT e UXT de momento. Estase á espera do num. Do responsable de xuventude de CCOO para confirmar a asistencia dun representante do sindicato.
-O próximo acto para decidir que facemos será a manifestación do 12X

      5.0Finanzas
-O bote non se fará ata que haxa que asumir gastos

Acta asemblea 4-6-12

 1.0Comisión Organización
      1.1Farase un calendario para programar documentais, películas, charlas, etc..
      1.2Proponse invertir a ruta da manifestación para comezaren na Biblioteca Nodal e rematar no Edificio de Ferro levando a cabo unha Asemblea na chegada a dito edificio. Apróbase a proposta por consenso.
      1.3Haberá que cambiar a redacción dos panfletos dado este cambio na ruta.
2.0Comisión Comunicación
2.1Coméntase un faio na comunicación no ámbito da difusión entre a xente.
2.2Xa está feito o blog de Peche Ourense do que quedara encargado Abejorro: PecheOurense.blogspot.com
Dise de quen teña fotos do peche que as envíe ó correo de PecheOurense para subilas ó blog.
2.3Hai que facer un cartaz co nome de peche ourense e difundilo polas bibliotecas da universidade e Nodal e na Casa da Xuventude
2.4 Procédese a ler as consignas e lemas propostas.
2.5Quédase en falar con CCOO para imprimir carteis
2.6 Proponse utilizar as letras de Castelao nas faixas e demais materiais do PecheOurense. Apróbase por consenso.

3.0 Comisión de Redacción
3.1 Lese a chamada á manifestación do martes 12 de xuño e redáctanse enmendas de esta.
Enmendas:

-Substituír “cambiar o modelo educativo actual” por “modelo educativo capitalista”: aprobado por consenso.
-Cambiar “Estado” por “Estado Imperialista Español (EIE)”
·A favor de cambialo: 4 ·En contra de cambialo: 14 ·A favor de cambialo por EIE:2 ·Abstencións: 3

-Engadir a “ocupación da biblioteca” “ocupación pacífica”
Aprobada por consenso

-Cambiar a palabra repetida varias veces “pobo” por “clase traballadora”: Aprobada por consenso
Logo de cambiar e engadir varias correccións procédese a ler o texto xa corrixido.

3.2Vótanse os lemas propostos nunha ronda de un voto por persoa e gaña: A mocidade revolucionaria en contra do capitalismo

4.0 Comisión de Formación


4.1Quédase en facer unha mesa redonda con responsables de sindicatos CUT, CIG, UXT, CNT, CCOO e CXT dándoselles un tema para falar. O tema elixido é “Mocidade como potencia revolucionaria” (aprobada por consenso) Esta mesa redonda levarase a cabo o luns 11 a unha hora que se contrastará nos próximos días.
5.0Finanzas:

5.1 Farase un bote común para comprar material

martes, 5 de junio de 2012

Convocatoria para a manifestación do 12X


As organizacións que conformamos Pecheourense chamamos a todxs á manifestació do día 12 de Xuño en contra da represión policial e do roubo a man armada do coñecemento enxendrado polo pobo dende hai séculos. O pasado día 30 de Mayo, as forzas represoras do Estado, facendo uso da violencia, impedironnos por en práctica a ocupación pacífica da Biblioteca, que tiña por fin denunciar o modelo educativo capitalista. Pero o vindeiro martes non poderán evitar que tomemos a rúa , que é nosa, ó igual que a cultura que nos rouban, e que algún día volverá a ser patrimonio común.
As masas poplulares estamos xa fartas deste despotismo estatal que se fai sempre patente con violencia. A violación dos nosos dereitos non quedará impune. A coerción estatal é incompatible coa democracia. Agora mais que nunca é o momento de tomar ese poder na rúa. O poder do pobo.
O día do 12 de Xuño é a oportunidade para que a clase traballadora comece a mobilizarse en torno a un obxectivo común: Acabar coa violencia estatal.
Sal á rúa! Une a túa gorxa á nosa! Berra para que sexa patente que non se pode silenciar ao pobo con porrazos!
Organízate e loita!